martes, 30 de abril de 2013

A saia da Carolina

Ei nenas e nenos... Aquí a rapazada de Areas nos ofrece unha versión da cantiga da "saia" máis coñecida do noso patrimonio cultural.
Graciñas, moitas moitas grazas a todas e todos os raposos e raposas de Areas...

Unha mañá en Malvas

Grandes, grandes estas mosas e mosos de Malvas cantando e bailando a peza "De roda en roda". Esta cantiga, baile, xogo... está recollida no discazo de "PELOGATO 24".
Desfrutádeo!

miércoles, 17 de abril de 2013

Rosalía de Castro musicada

Ola a todas e todos,
este martes 23, Día o libro, as nenas e os nenos de Guillarei e Pexegueiro imos a Praza de San Fernando (Catedral), e se chove na Igrexa de San Domingos, a cantar un pequeno estracto dun poema de Rosalía De Castro, "Adios ríos, adios fontes". Tamén van estar nenas e nenos doutros centros do noso concello.
Agardamosvos!!!

martes, 9 de abril de 2013

Cantigas "marítimas"

Ola a todas e a todos,
Aquí  podedes pinchar e escoitar e ver unhas cantas cantigas para preparar o noso último gran proxecto do ano: "A vida mariña"

https://sites.google.com/site/cancionsdomar/cancions-sobre-o-mar

Grazas, moitas grazas ao CEIP Antonio Pedrosa Latas (Celeiro-Viveiro LUGO).

Bicos 1000