jueves, 13 de febrero de 2014

Festival benéfico a beneficio de SOS Tomiño-Tui e Micaela

Ola mociñas e mociños,
este sábado 15 de febreiro vai ter lugar no C.C. de Ribadelouro, a partires das 18:00 h., un acto solidario con Micaela e SOS Tomiño-Tui.
Micaela é unha nena que ten unha enfermidade "rara", hipotonía conxénita que fai que os músculos do seu corpo non teñan forza.
Todas e todos podemos colaborar levando para a entrada 1 Kg. de alimentos (non perecedeiros). Xa sabedes, arroz, lentellas, pasta, etc.
Actuarán unha chea de agrupacións:
  • "Lembranzas da Ría" de Cangas coas súas voces e pandeiretas
  • "Mullallo 4tet" cun pouco de jazz
  • "Trebón dos Xidos" da Guarda con música tradicional
  • "Grupo de Playbacks" da A.S. Sta. Columba de Ribadelouro
  • "Bailas moza" e "Grupo Fantasía" da A.S. de veciños "Fontes dos Carreiros" de Tomiño.
Asemade haberá unha EXPOSICIÓN de óleos, por parte de María Luísa Crespo.
Para abrirvos un pouco sabor de boca...